Friday 10 de May de 2024

Reunión coa asociación Amicos


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño e a concelleira de  Educación e Igualdade, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión con representantes da Asociación Amicos para a posta en común de posibles vías de colaboración.

A organización desenvolve múltiples programas de labor social adicados a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Así, o propósito desta reunión foi a de fortalecer a colaboración entre o Goberno Municipal e a Asociación en aras de mellorar o benestar comunitario e promover o apoio e a inclusión dos cidadáns máis vulnerables.

O Goberno Municipal valora a labor da Asociación e recoñece o seu compromiso coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. “É moi importante sensibilizar á comunidade sobre os desafíos aos que se enfrontan estas persoas; así como tamén involucrar aos cidadáns na solidariedade e inclusión social.” afirmou Pérez Barral.